Presentación Do Libro 'O Puño E A Letra' Dous referentes da cultura galega achéganse a Punto e Coma Carballo para presentar "O puño e a letra", última publicación de Yolanda Castaño na que se misturan poesía con banda deseñada (finalista na Gala do libro galego 2019 á mellor edición e mellor libro de BD). Para esta ocasión contaremos coa presenza do prestixioso ilustrador Miguelanxo Prado, Premio Nacional de cómic e autor, entre outros títulos, de "Trazo de xiz", "The Sandman", "De profundis" ou "Ardalén". Unha inmellorable oportunidade de achegarse ata a libraría e levar un exemplar asinado polos dous autores.