Día De Rosalía

  • Santiago de Compostela (Coruña, A)
  • Categoría: Otros
  • Lugar: Plaza de Vigo
  • Dirección: Plaza de Vigo, 15706
  • Horario: 11:00
24/02/2019,

Día De Rosalía A xornada central da Semana de Rosalía en Compostela será a do 24 de febreiro, día do nacemento da escritora. A axenda do día arrancará na praza de Vigo ás 11:00 horas, cando está prevista unha ofrenda floral diante da escultura dedicada a Rosalía. Alí haberá a interpretación dunha alborada, a cargo dos Carapaus e dos gaiteiros e gaiteiras que queiran sumarse á iniciativa. Posteriormente celebrarase unha segunda ofrenda floral na estatua de Rosalía na Alameda. Dende alí, todas as persoas participantes na actividade dirixiranse cara o Hostal dos Reis Católicos, onde ás 12:00 horas se celebrará unha ofrenda floral na pía bautismal de Rosalía, e posteriormente haberá un acto institucional no que se dará lectura a poemas da autora. Tamén haberá unha actuación musical do grupo portugués Canto d´Aquí, e unha representación teatral cun grupo de escolares de Ponteceso. O acto pecharase coa interpretación da Alborada de Rosalía e coa degustación do caldo de gloria no Hostal. Xa pola tarde, a partir das 17:00 horas, está previsto un acto no Auditorio da Casa de Rosalía, en Padrón, cun concerto de Canto d´Aquí co que se pechará a Semana Cultural de Convergencia Galicia-Portugal. A partir das 19:00 horas haberá unha degustación do caldo de gloria na lareira da Casa da Matanza.

día_de_rosalía

Colaboran: