TEATRO EN FAMILIA: MAMÁ CABRA 15 PRIMAVERAS. Mamá Cabra consolidouse coma unha das bandas de música infantil galega de referencia. Este espectáculo crease no seu 15 aniversario para facer chegar aos máis nov@s as súas mellores cancións. ‘Cantos e contos dende o Poleiro’ é un festival online impulsado dende Urdime coa que nos implicamos e sumamos a outras iniciativas, na consecución dunha batería de propostas para pasar este tempo de illamento o mellor posible: un festival co que queremos reafirmar que a cultura, e neste caso as artes escénicas, sempre está aberta e ao servizo da xente, e non imos pechar as portas da nosa creatividade. https://www.afundacion.org/ga/afundacion-en-casa/recurso/teatro-en-familia-mama-cabra-15-primaveras