Sólodos 'Festival Internacional De Danza Contemporánea' SóLODOS EN DANZA é un festival internacional de danza contemporánea e un concurso coreográfico Iberoamericano, que promove o intercambio cultural entre continentes. Celébrase en América desde hai 7 anos e realizarase por cuarta vez na cidade de Ourense. Os días 21 e 22 de novembro gozaremos das dúas semifinais do Certame coa programación de distintas obras de danza. O día 23 de novembro celebrarase a Final do Certame de Creación de Dúos e Solos. A obra gañadora recibirá o premio SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2019 e realizará unha xira por varias plataformas, festivais e residencias artísticas latinoamericanas. Entradas: Sala Afundación (Praza Maior, 4 - 902 504 500) | O propio día na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función. Información: https://www.solodos.es/