8M 'Modelando A Sociedade, Desenredando O Noso Futuro'

  • Malpica de Bergantiños (Coruña, A)
  • Categoría: Otros
  • Lugar: Centro Cívico
  • Dirección: Centro Cívico, 15113
  • Horario: 19:30
15/03/2019,

8M 'Modelando A Sociedade, Desenredando O Noso Futuro' O Concello de Malpica de Bergantiños súmase á celebración do Día Internacional da Muller co lema “Modelando a sociedade, desenredando o noso futuro”, unha homenaxe a dous sectores laborais representativos do noso concello: a olería, exemplo das dificultades que atopan as mulleres para acceder a traballos copados polos homes, e a pesca, no que o labor fundamental que desenvolven as redeiras careceu de recoñecemento ata non hai tanto tempo. Oleiras e redeiras serán, precisamente, as protagonistas do acto conmemorativo do Día Internacional da Muller organizado pola Concellería de Servizos Sociais e Igualdade, que se celebrará o día 15. O primeiro colectivo estará representado pola presidenta da Asociación Oleira de Buño, Carmen Isabel Labrador Fariña, e o segundo, pola presidenta da Asociación de Redeiras O Fieital, Ángeles Millé Rodríguez. Xunto a ela estará Ana López Lorenzo, presidenta de Mulleres en Igualdade da provincia da Coruña, que explicará os obxectivos da asociación. A concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Marisol Blanco Gorín, fai un chamamento aos veciños e veciñas para que poñan o seu gran de area participando no acto que celebraremos o venres 15, ás 19.30 horas, no Centro Cívico de Malpica. As persoas interesadas poden confirmar asistencia chamando ao número de teléfono 638 791 939.

8m_'modelando_a_sociedade,_desenredando_o_noso_futuro'

Colaboran: