Vida De Cans

  • Cee (Coruña, A)
  • Categoría: Teatro
  • Lugar: Auditorio da Casa da cultura
  • Dirección: Praza do Mercado, 25, 15270
  • Horario: 20:00
24/02/2019,

Vida De Cans Elenco: Toño Casais, Dani Trillo e Artur Trillo Tres cans. Tres actores, tres cans, ou tres acotres que fan de can sen deixar de ser actores, sen deixar de ser cans. Están recluídos nun recinto que lles preparou o seu amo. Moi grande, moi cómodo, moi ameno, moi limpo... pero recinto. Ben tratados, ben atendidos, ben alimentados, ben acariñados... pero recluídos. Fóra do recinto está a liberdade. Cos seus desacougos, as súas incertezas, os seus problemas, os seus perigos... pero liberdade. Cada un dos tres afronta o conflito segundo a súa personalidade. Ou segundo a súa canalidade. E todo vai derivando cara unha traxedia que nunca deixa de ser comedia.

vida_de_cans

Colaboran: