Expo Degustación Galiña De Mos

  • San Xiao de Mos (Lugo)
  • Categoría: Otros
  • Lugar: Campo da Festa de San Xiao de Mos
  • Dirección: Campo da Festa de San Xiao de Mos, s/n, 27268
  • Horario: A consultar
27/10/2019, 25/10/2020,

Expo Degustación Galiña De Mos A expo adoita celebrarse o último domingo de Outubro, a reivindicación e exaltación da galiña de Mos queda patente sempre con esta celebración da expodegustación destas aves na parroquia orixinaria da raza, San Xiao de Mos, no municipio de Castro de Rei. Nesta cita, que se organiza por entre o Concello e a Asociación de Criadores de Galiña de Mos (Avimós), logra reunir sempre a máis de medio milleiro de persoas, que se citan en dúas carpas instaladas no campo da festa da citada parroquia. A carne ten unha porcentaxe baixa de pel e graxa subcutánea, moi inferior ás estirpes industriais, que nalgúns dos casos foi do dobre. A cantidade de graxa na pechuga e no zanco é menor que en estirpes industrias, que ademais é de alta calidade cunha mellor relación de Poliinsaturados/Saturados (P/S) que nos industriais, maior contido de omega 6 e de omega 3 e, unha mellor relación entre estes, sendo unhas carnes moi nutritivas, escuras e apreciadas polo consumidor.

expo_degustación_galiña_de_mos

Colaboran: