Con Cobertura 'Marina De Caro'

  • Santiago de Compostela (Coruña, A)
  • Categoría: Actividades para niños
  • Lugar: Centro Galego de Arte Contemporáneo
  • Dirección: Rúa de Ramón María del Valle-Inclán, 2, 15703
  • Horario: 11:00 - 13:00
23/05/2020, 24/05/2020,

Con Cobertura 'Marina De Caro' Prazo de inscrición: do 11 ao 22 de maio Reflexionar sobre a expresión corporal, a cor e o deseño constitúe o principal interese de Marina de Caro. Traballando co debuxo, a instalación e a performance, a artista emprega a tea como principal recurso creativo e ofrece diferentes posibilidades de uso do material. Nesta sesión experimentaremos co noso corpo a través da música, confeccionaremos esculturas e personaxes con roupa vella e crearemos diferentes ambientes téxtiles. Sara Donoso é doutora en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela e graduada en Belas Artes na Facultade de Pontevedra (UVigo). Conta con experiencia pedagóxica adquirida en diferentes colexios e institucións nos que desenvolveu actividades de mediación e educación artística. Actualmente compaxina o seu traballo como coordinadora na Fundación RAC de Pontevedra coas súas colaboracións no eido da crítica de arte, o comisariado, a educación e a xestión cultural. Os talleres son gratuítos e para participar é necesario enviar, dentro dos prazos establecidos para cada un deles, unha mensaxe por correo electrónico a cgac.educacion@xunta.gal e indicar o título da actividade na que desexan inscribirse, os nomes dos participantes, as súas idades, un teléfono de contacto e un enderezo electrónico.

con_cobertura_'marina_de_caro'

Colaboran: