20 mujeres de ana ferreiro

  • Ourense (Ourense)
  • Categoría: Exposiciones
  • Lugar: Museo Municipal
  • Dirección: Rúa Lepanto, 8, 32005
  • Horario: do Museo: Martes a Sábado 11:00–13:30, 18:30–21:30 Domingo 11:00–13:30
27/03/2019, 28/03/2019, 29/03/2019, 30/03/2019, 31/03/2019, 02/04/2019, 03/04/2019, 04/04/2019, 05/04/2019, 06/04/2019, 07/04/2019, 09/04/2019, 10/04/2019, 11/04/2019, 12/04/2019, 13/04/2019, 14/04/2019, 16/04/2019, 17/04/2019, 18/04/2019, 19/04/2019, 20/04/2019, 21/04/2019, 23/04/2019, 24/04/2019, 25/04/2019, 26/04/2019, 27/04/2019, 28/04/2019,

20 mujeres, nova exposición da ourensá Ana Ferreiro no Museo Municipal O Museo Municipal de Ourense acolle, até o 28 de abril, a nova obra da pintora e creadora ourensá Ana Ferreiro, '20 mujeres'. Trátase dunha colección de óleos sobre lenzo que achega unha mensaxe comprometida, pero sen afastarse un ápice da realidade. Así o podemos ver na perfección das formas, no exacto emprego dos pigmentos que converten as imaxes reais en obras de grande solidez, pero abertas a esa historia que percebe quen se asoma á súa arte. Unha arte inmensamente necesaria para poder percibir máis aló dos retratos do Instagram, ler sobre o que nos é alleo, interpretar o que os outros, os que moitas veces están ao noso lado, senten e plasman a través da arte. En '20 mujeres' poderemos pasear por retratos que van acompañados de cadansúa historia, unha historia de loita e de traballo polas súas ideas, polos seus dereitos. Ana Ferreiro, que forma parte da familia do Museo Municipal desde 2010, sente a chamada da pintura como medio de expresión: a súa pintura é unha forma de interpretar a realidade. E pinta mulleres porque “é muller, e feminista”.

20_mujeres_de_ana_ferreiro_

Colaboran: