Vida De Cans

  • Carballo (Coruña, A)
  • Categoría: Teatro
  • Lugar: Pazo da Cultura de Carballo
  • Dirección: Rúa Pan, s/n, 15100
  • Horario: 21:00
15/03/2019,

Vida De Cans Talía Teatro regresa a Carballo cunha traxedia que nunca deixa de ser comedia. Escrita por Cándido Pazó, "Vida de Cans" é unha comedia absurda, paródica e metafórica protagonizada por tres actores, tres cans ou tres actores que fan de cans. Sen deixar de ser actores. Sen deixar de ser cans. Están recluídos nun recinto que lles preparou o seu amo. Moi grande, moi cómodo, moi ameno, moi limpo... pero recinto. Ben tratados, ben atendidos, ben alimentados, ben acariñados... pero recluídos. Fóra do recinto está a liberdade. Cos seus desacougos, as súas incertezas, os seus perigos... pero liberdade. Intérpretes: Toño Casais, Artur Trillo e Dani Trillo / Vestiario: Martina Cambeiro / Escenografía e iluminación: Dani Trillo / Dirección e autor: Cándido Pazó.

vida_de_cans

Colaboran: