20º Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís 'Prazo De Presentación'

  • Carballo (Coruña, A)
  • Categoría: Otros
  • Lugar: Pazo da Cultura de Carballo
  • Dirección: Rúa Pan, s/n, 15100
  • Horario: A consultar
22/02/2019, 23/02/2019, 24/02/2019, 25/02/2019, 26/02/2019, 27/02/2019, 28/02/2019, 01/03/2019, 02/03/2019, 03/03/2019, 04/03/2019, 05/03/2019, 06/03/2019, 07/03/2019, 08/03/2019, 09/03/2019, 10/03/2019, 11/03/2019, 12/03/2019, 13/03/2019, 14/03/2019, 15/03/2019, 16/03/2019, 17/03/2019, 18/03/2019, 19/03/2019, 20/03/2019, 21/03/2019, 22/03/2019, 23/03/2019, 24/03/2019, 25/03/2019,

21º Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís 'Prazo De Presentación' Xa está aberto o prazo de inscrición para o 21º Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís. As obras poderán presentarse ata o 25 de marzo. As bases non varían con respecto a edicións anteriores. Estes son algúns dos aspectos máis salientables: Cada autor ou autora poderá presentar un número máximo de tres obras. As fotografías realizaranse en branco e negro ou cor, natural ou manipulada, e o tema das obras é libre. Os traballos fotográficos que se presenten ao certame deberán ser orixinais, inéditos e recentes. As fotografías non poderán ter sido presentadas con anterioridade a este concurso nin ter gañado ningún premio noutros concursos ou certames. As dimensións da obra fotográfica estarán comprendidas entre 25 x 35 cm como mínimo e 40 x 50 cm como máximo. Presentaranse montadas sobre cartón pluma ou soporte similar ríxido (cun grosor mínimo de 3 mm). Cada fotografía deberá vir acompañada ou ben do negativo ou ben do soporte informático en formato JPEG ou TIFF da obra presentada. Bases: http://www.carballo.org/media/documentos/folleto_galego_-_2.pdf

20º_certame_fotográfico_xosé_manuel_eirís_'prazo_de_presentación'

Colaboran: