Valor E Mestría Valor e mestría. Galicia como fútbol é a exposición máis ambiciosa sobre o fenómeno do fútbol en Galicia. Será un percorrido histórico, que permitirá descubrir 300 pezas, das que 200 son orixinais. A mostra arranca en 1876, ano no que se data a primeira referencia o xogo do foot-ball en Galicia —e que algúns historiadores consideran que tamén en España— ata o gol do celtista Iago Aspas no recente Mundial de Rusia. Ao longo deses 142 anos de historia poderanse recuperar as xestas de Luis Suárez, Amancio, Marcelino, Buyo, Arsenio Iglesias; de equipos como o Pontevedra do Hai que roelo, o Celta que brillou en Europa ou o Súper Dépor; de xogadores como Fran, Michel Salgado; ou da futbolista máis internacional, Vero Boquete, o nome máis representativo da explosión que está a vivir o fútbol feminino galego e que tivo á porteira Irene como pioneira a principios do século pasado.