Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea

  • Santiago de Compostela (Coruña, A)
  • Categoría: Exposiciones
  • Lugar: Sede Afundación de Santiago
  • Dirección: Rúa do Vilar, 19, 15705
  • Horario: 12:00 - 14:00 y 17:00 - 21:00
11/03/2019, 12/03/2019, 13/03/2019, 14/03/2019, 15/03/2019, 16/03/2019, 17/03/2019, 18/03/2019, 19/03/2019, 20/03/2019, 21/03/2019, 22/03/2019, 23/03/2019, 24/03/2019, 25/03/2019, 26/03/2019, 27/03/2019, 28/03/2019, 29/03/2019, 30/03/2019, 31/03/2019,

Ampliada ata o 31 de marzo O uso visual da cor, a representación subxectiva da natureza e o universo feminino son os tres conceptos xerais sobre os que pivota esta segunda edición da «Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea (MiiC)», que presenta por segundo ano consecutivo en Santiago de Compostela o que se está a facer dentro da área da ilustración de vangarda a nivel mundial. Un total de 19 proxectos ilustrados, 16 individuais e 3 colectivos, estruturan esta nova edición que se centra nas obras máis persoais, resaltando o valor artístico que a ilustración ten como medio de expresión de moitas creadoras e creadores contemporáneos, o que a constitúe como unha das ramas da comunicación máis libres e imaxinativas que existen. Un elemento que, ademais, admite un amplo abano de técnicas e que está en constante evolución. Serigrafías, collages, cerámicas, videoclips, risografías, creacións dixitais, esculturas ou instalacións conceptuais son algúns dos formatos que se poden ver na mostra e que conforman o claro exemplo do alto grao de creatividade, experimentación e dinamismo que acolle a arte da ilustración actual. Así, destaca a presenza de creadores tan influentes como Christoph Niemann ou María Hesse, obras como a instalación de Héctor Francesh feita con lápices, ou unha selección colectiva que inclúe a artistas premiados no festival de ilustración de Londres ( ELCAF). E é, á vez, unha plataforma de difusión de novos creadores, que dialogan no proxecto con artistas consagrados.

mostra_internacional_de_ilustración_contemporánea

Colaboran: