Concurso De Receitas De Entroido Negreira 2019

  • Negreira (Coruña, A)
  • Categoría: Otros
  • Lugar: CASA DE CULTURA DE NEGREIRA
  • Dirección: Carreira de San Mauro, 11, 15830
  • Horario: 12:00
15/03/2019,

Concurso De Receitas De Entroido Negreira 2019 As bases polas que se rexerá o Concurso de receitas de Entroido organizado polo OBRADOIRO DE EMPREGO XALLAS-BARCALA-DUBRA coa colaboración de RADIO NEGREIRA e o CONCELLO DE NEGREIRA son: PRIMEIRA: Poderán participar todas as persoas interesadas, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos. SEGUNDA: O concurso está dirixido a adultos maiores de 16 anos. TERCEIRA: As receitas terán que ser típicas do Entroido, deberán estar escritas en lingua galega e presentarse mecanografadas. Así mesmo, deberase presentar o prato elaborado o día VENRES 15 DE MARZO DE 10:00 H a 11:30 H. no Hall do Centro Sociocultural de Negreira. CUARTA: Valoraranse a presentación e a creatividade do prato, así como a orixinalidade da receita. QUINTA: Aceptaranse como máximo dúas receitas por participante. SEXTA: Os concursantes presentarán as súas receitas na Casa de Cultura (Delegación de Cultura e Deportes), de luns a venres de 9:00 a 15:00h, ou o e-mail: obradoiroturismo2019@gmail.com, tendo como data límite de presentación o martes 12 de marzo de 2019, antes das 13:00h. O venres 15 as 12:00 h. terá lugar o acto de premiación das mellores receitas, e deberanse presentar o prato cociñado da casa. SÉTIMA: Requirirase presentar a seguinte documentación: a receita presentada no concurso, impresa en papel, co nome e os datos persoais do autor. OITAVA: O día 15 de marzo, ás 12.00h , terá lugar un acto de entrega de premios na CASA DE CULTURA DE NEGREIRA, ao cal poderán asistir todos os participantes e o público en xeral. NOVENA: Os premios dos gañadores serán os seguintes:  Gañador: GRAN CESTA DE ENTROIDO + CEA NO RESTAURANTE "CASA BARQUEIRO" DE NEGREIRA  2º Clasificado: LOTE DE LIBRO DE COCIÑA * Ademáis, as súas receitas serán publicadas na páxina web do concello: www.concellodenegreira.gal e nas RRSS do Obradoiro "Viaxa con nós"

concurso_de_receitas_de_entroido_negreira_2019

Colaboran: