Cociña Para Peques

  • Santiago de Compostela (Coruña, A)
  • Categoría: Actividades para niños
  • Lugar: Gaia Ecocrianza
  • Dirección: Rúa de Santiago de Guayaquil, 6, 15702
  • Horario: 18:00 - 19:30
15/03/2019,

Cociña Para Peques Poñemos aos peques (1 a 3 anos) a cociñar. Queremos que establezan unha relación sa e divertida coa cociña e os alimentos. Nin máis nin menos que pasta!! Iso imos facer nesta ocasión :) Os talleres de cociña que montamos en Gaia están pensados para que @s nen@s experimenten e cociñen de verdade. Cociñamos partindo da materia prima orixinal, facendo un percorrido dende a orixe do produto ata que chega á cociña. Empregando sempre produtos saudables, evitando os procesados e elixindo alimentos de temporada e locais. Queremos experimentar coas texturas, os sabores... pero tamén cos utensilios e a parellos que temos normalmente nas cociñas das nosas casas. Unha actividade deseñada para gozar da cociña en familia. Duración do taller: 60 minutos. Prezo: 25 euros/nen@+ 1 adult@ Se tendes algunha restrición alimentaria, avísádenos e intentaremos adecuar os ingredientes das nosas receitas. Grupos moi reducidos Consulta disponibilidad de plazas en info@gaiadosnenos.com

cociña_para_peques

Colaboran: