Oscar Fojo Con Banda

  • Coruña, A (Coruña, A)
  • Categoría: Música
  • Lugar: BâBâ Bar
  • Dirección: Rúa José Luis Pérez Cepeda, 23, 15004
  • Horario: 21:00 - 23:00
30/01/2020,

Oscar Fojo Con Banda De Ventos e Lúas é o primeiro disco de Oscar Fojo en solitario no que conta con músicos que o levan acompañando durante moitos anos noutros proxectos como El Viejo Caracol, La Patraña, Zinza, Charetas… Neste disco hai, ademáis, colaboracións especiais de moit@s músic@s de diferentes ámbitos musicais como Guadi Galego (voz), Roberto Grandal (acordeón), Javi Amor (guitarra portuguesa), Silvia Fojo (voz), Tania Redondo (voz), Carlos Mosquera “Mos” (coros), Rafa Pereira (contrabaixo e coros), Esteban Barcia (trombón e flugel), Rubén Ferreira (trompeta) e Leandro Lamas (deseños). Todas as composicións son propias tanto letras como música e abranguen cantidade de estilos musicais onde pódense apreciar pinceladas de rock, folk, jazz, reggae… Gravado nos RRStudios de Ferrol por Danny Abeledo e masterizado por Melo García entre novembro do 2018 e abril do 2019. A banda da xira de presentación está composta por: Oscar Fojo: Voz e guitarra clásica Miguel Pita: Guitarra eléctrica e coros Ramón Ibáñez “Mon”: Baixo eléctrico e coros Miguel Brañas: Batería Pablo Vergara: Percusións Fausto Escrigas: Saxo Hugo Martínez: Teclados 21:00h Recuerda que puedes cenar viendo el espectáculo!!

oscar_fojo_con_banda

Colaboran: