Formas Do Deseño 'Galicia XXI' 'Formas do deseño. Galicia XXI', pretende construír un relato dende o presente do potencial creativo de Galicia no ámbito do deseño. A idea é proxectar o que se está a facer sen deixar de ter un ollo no retrovisor, para revisar o logrado a partir dun punto de vista simbólico: a publicación do Manifesto do Laboratorio de Formas de Galicia editado en 1970, que entre as súas primeiras accións incluía o renacemento da fábrica de Sargadelos e a creación do Museo de Arte Carlos Maside. Así, a exposición conta con dúas partes: unha introdución nesas tres décadas de espertar e modernización, dende os primeiros anos setenta aos últimos noventa, cando xorden en Galicia unha serie de profesionais do deseño que comezan a traballar cunha conciencia de ser deseñadores e deseñadoras; e un corpo principal que coincide co cambio de milenio e que supón un cambio xeracional coa incorporación ao mercado laboral dunha xeración de deseñadores e deseñadoras galegos xa formados en Galicia. ¿Qué puedo hacer en Santiago? En Imjoying.com te mostramos toda la agenda de ocio